Aviso legal
Información xeral
As presentes disposicións regulan o uso do servizo desta aplicación que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.
A Xunta de Galicia é a titular do dominio https://citapreviaxustiza.gal e dos distintos elementos nel incluídos.
O contido facilitado a través desta aplicación emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido desta aplicación, nin que se atope totalmente actualizado.
A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas nesta aplicación, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste aplicación, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual desta aplicación e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A información dispoñible nesa aplicación, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
- Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
- O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.
Uso de linguas
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.
Lei aplicable e xurisdición
Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.
Política de privacidade
1. Responsable do tratamento dos datos das persoas usuarias de https://citapreviaxustiza.gal e encargado do tratamento.
O responsable do tratamento é a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia.
Encargado do tratamento: Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o desenvolvemento, mantemento, aloxamento e xestión do sistema.
Contacto delegado de Protección de Datos: https://www.xunta.gal/delegados-de-proteccion-de-datos
2. Categorías de datos obxecto de tratamento
Trataranse datos identificativos facilitados pola persoa usuaria no marco da súa solicitude de cita previa.
Os datos persoais que se utilizarán no caso de que o usuario decida solicitar unha cita serán os seguintes:
- Nome e apelidos, para confirmar a identidade.
- DNI / NIE
- Enderezo electrónico, para o envío da confirmación da cita.
- Número de teléfono móbil.
Más información en https://www.xunta.gal/rexistro-de-actividades
3. Orixe dos datos
Datos facilitados pola persoa usuaria a través da solicitude de cita previa.
4. Finalidades do tratamento de datos e funcionalidades da Aplicación
Os datos serán utilizados para xestionar a súa solicitude de cita previa, así como remitirlle unha confirmación da cita ao enderezo de correo electrónico que vostede facilite no caso de marcar dita opción.
5. Lexitimación para o tratamento de datos persoais
Trataranse os datos necesarios para o bo funcionamento da aplicación e a operatividade das súas funcionalidades. A lexitimación para o tratamento dos datos persoais é ocumprimento dunha misión realizada en interese público en base á Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración. Máis información en https://www.xunta.gal/rexistro-de-actividades
6. Prazo de conservación dos datos>
Os datos identificativos conservaranse durante 30 días para cada unha das funcionalidades da App e posteriormente procederase á súa anonimización conservándose a información relativa ao número de citas previas solicitadas e trámites a efectos estatísticos.
7. Categorías de destinatarios dos datos persoais
En determinados supostos os datos consignados na solicitude de cita previa poderán ser comunicados ás Forzas e Corpos de Seguridade ou servizos de seguridade propios coa finalidade de comunicar a súa solicitude de cita previa para xestionar a súa asistencia por razóns de seguridade no acceso ás instalacións.
8. Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais e como solicitalos
O responsable do tratamento garantirá e facilitará en todo momento á cidadanía o exercicio dos seus dereitos en materia de protección de datos persoais. Estes dereitos son:
- Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento.
- Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
- Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
- Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
- Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recolleitos na normativa vixente.
- Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos directamente a un terceiro nos supostos establecidos na normativa vixente.
- Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos no interesado ou lle afecte de xeito significativo de modo similar.
- Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.
- Sen prexuízo de calquera outro recurso, as persoas interesadas terán dereito tamén a presentar unha reclamación ante a autoridade de control (Agencia Española de Protección de Datos).
- As persoas interesadas poden dirixir as súas comunicacións e exercitar os seus dereitos da seguinte maneira:
- En liña: na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado PR004A.
- Presencial: presentando a súa solicitude firmada e por escrito en calquera das Oficinas de atención á cidadanía e rexistro propias da Xunta de Galicia ou en calquera outra oficina ou rexistro dos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común para a presentación de documentos que as persoas interesadas dirixan ás Administracións públicas.
9. Modificación da política de privacidade
Esta política de privacidade pode modificarse. Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade.
10. Normativa básica aplicable
- Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos).
- Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
- Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral y do sector público autonómico de Galicia.
- Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración.
- Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración electrónica (ENS).
Política de cookies
Mediante esta páxina web facilítase o acceso ao sistema de cita previa para os Rexistros e as Oficinas de Atención á Cidadanía. Na súa primeira visita ao noso portal infórmaselle sobre a existencia de cookies e da presente política de cookies. En futuras visitas pode consultar a nosa política en calquera momento na parte inferior do Sitio Web “Política de Cookies”.
Política de privacidade na navegación.
Ao visitar a web https://citapreviaxustiza.gal permítese o almacenamento dos dispositivos chamados “cookies” no dispositivo ordenador do visitante. Isto permite identificar o seu dispositivo na próxima visita. A maioría dos navegadores de Internet están configurados para aceptar as cookies automaticamente.
Que son e para que se empregan as cookies?
Unha cookie é un ficheiro que se descarga no dispositivo do Usuario ao acceder a determinados contidos por páxinas web, medios electrónicos e/ou aplicacións. As cookies permiten a unha aplicación ou páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dunha persoa usuaria ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu dispositivo, poden utilizarse para recoñecer ao Usuario. As cookies son seguras na medida en que só poden almacenar a información utilizada polo navegador, a información que o usuario introduciu no navegador ou a que se inclúe na solicitude de páxina. Algunhas “cookies” son estritamente necesarias para o correcto funcionamento dun sitio web e/ou aplicación e non poden conter virus nin danar o teu dispositivo.
Outras serven para propósitos diversos, como favorecer a navegación entre páxinas e/ou aplicacións, almacenar o idioma de preferencia do usuario, permitir lembrar as preferencias como usuario, ou detectar se o visitaches previamente. As cookies son esenciais para o funcionamento da internet, achegando innumerables vantaxes na prestación de servizos interactivos, facilitando a navegación e interacción. As cookies non poden danar o equipo e que estean activadas axuda a identificar e resolver os potenciais erros.
Que tipoloxía de cookies se emprega en https://citapreviaxustiza.gal
As cookies que se utilizan pódense clasificar en:
Tipos de cookies segundo a súa finalidade:
- cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario/a polo Portal e o uso dos servizos dispoñibles nel.
- cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras nel.
- cookies de preferencias: aquelas que permiten lembrar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.
Descrición das cookies
Este portal emprega as seguintes cookies:
Cita Previa |
Tipo de cookie | Cookie | Finalidade |
Propia |
JSESSIONID |
Manter activa a sesión da persoa usuaria e o valor do captcha e as configuracións. |
Propia |
org.springframework.web.servlet.i18n.CookieLocaleResolver.LOCALE |
Manter o idioma seleccionado polo usuario. |
WebApp |
Propia |
JSESSIONID |
Manter activa a sesión da persoa usuaria e o valor do captcha e as configuracións. |
Propia |
org.springframework.web.servlet.i18n.CookieLocaleResolver.LOCALE |
Manter o idioma seleccionado polo usuario. |
De terceiros (Google Analitics) |
1P_JAR |
Transferencia de datos a Google a través da API de Google Maps |
De terceiros (Google Analitics) |
CONSENT |
Función de aceptación de cookies en sitios web |
De terceiros (Google Analitics) |
NID |
Estas cookies son utilizados por Google para almacenar las preferencias del usuario. |
Xestión das cookies
Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:
Protección de datos
As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.